xoves, 21 de marzo de 2024

MES DA POESÍA

 Neste mes non paramos coa poesía! Temos o reto lector, selección de lecturas, encontro con poeta, poema colaborativo e caligramas e poemas dadá realizados polo alumnado de francés!



martes, 19 de marzo de 2024

venres, 15 de marzo de 2024

DÍA DE PI

Celebramos o Día de Pi creando a silueta dunha cidade utilizando os decimais! 
No Día Mundial das matemáticas, entre todos fixemos s #cidadedepi




 

martes, 12 de marzo de 2024

venres, 8 de marzo de 2024

MULLER DO 2024: LIDIA SÁNCHEZ MATA

 Celebramos este 8 M cunha homenaxe a Lidia, mestra poa que pasaron varias xeracións de brioneses/as e que este ano se despide de nós. Unha emocionante conversa co alumnado que serviu para agradecerlle o vivido.

O 8 de marzo tamén son os coidados e o recoñecemento daquelas que abriron camiños e seguen alentando o camiño das demais.






8 DE MARZO: FEMININO PLURAL


Celebramos o 8 de marzo cun pantel de luxo! Mulleres de Brión de distintos ámbitos deron testemuña da súa vida co alumnado de 2º de ESO que tiveron ocasión de preguntarlles pola súas vidas. 

No día das mulleres, as mulleres no centro.








xoves, 7 de marzo de 2024

BORDANDO EN VIOLETA

 O alumnado de expresión artística sumouse á celebración do 8 de marzo poñendo de relevo mulleres senlleiras en distintos campos e épocas utilizando a técnica do fotobordado. Non a perdades!