xoves, 24 de febreiro de 2022

OLIMPÍADA DE MULLERES BIÓLOGAS: PARABÉNS AOS EQUIPOS!

A nosa olimpíada deste curso tivo como eixe as mulleres biólogas! Preguntas diarias que os equipos tiveron que responder buscando información nos materiais elaborados, na selección de lecturas ou a través de medios dixitais. E fixérono xenial! Chegaron todos os equipos á final aínda que só un obtivera o primeiro premio. 

Parabéns a todas as participantes e gañadoras!.

Busca de información, traballo en equipo, recreos activos e recoñecer a importancia do traballo realizado por mulleres científicas ao longo da historia no #Díadamullereanenanaciencia


mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022: #SEMENTANDO PENSAMENTOS

 Levamos semanas #sementando pensamentos por todo o instituto e hoxe chegamos ao colofón coa lectura do manifesto da AELG: grazas a Xiana, Miguel, Maruxa e Antela por dar voz ao manifesto e a todas e todos quen sementaron pensamentos e o fan tamén día a día. 

#Día de Rosalía

xoves, 10 de febreiro de 2022

COFFEE BREAKS WITH VIDUSHI

O próximo martes estreamos os nosos "Coffee breaks with Vidushi". Martes e xoves no primeiro recreo estará na biblioteca agardando por vós para ter unha charla informal. 
Non te retrases porque quedarás sen sitio!

 

luns, 7 de febreiro de 2022

OLIMPÍADA DE BIÓLOGAS: ABERTAS AS INSCRICIÓNS!


 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: ASTRÓNOMAS

 Xa quecendo motores para comezar as actividades do Día da Muller e a nena na ciencia, o alumnado de Cultura Científica estivo traballando duro recompilando información sobre algunhas mulleres excepcionais: todas tiveron un papel moi relevante na astronomía ao longo da historia. 

Queredes coñecelas? Aquí están estes magníficos traballos!

venres, 4 de febreiro de 2022

INFOGRAFIAS PILABOT: TRABALLANDO COA INFORMACIÓN EN TECNOLOXÍA

 O alumnado de 3º ESO fixo un magnifico traballo de tratamento da información na materia de tecnoloxía coa súa profesora Luz. Aquí tedes as infografías que tamén tivestes ocasión de ver impresas na biblioteca. 

Magnífico traballo!!