sábado, 27 de novembro de 2021
PEDRAS, CREBACABEZAS, XOGOS DE ESTRATEXIA...
mércores, 24 de novembro de 2021
25N: "Non queremos ser valentes, queremos ser libres"
Dicimos non á violencia de xénero sumando voces en todas as linguas que se utilizan na nosa comunidade educativa: galego, castelán, inglés, francés, latín, polaco, sueco, asturianu, euskera, catalán, portugués, italiano e alemán. Porque en todas as linguas debemos dicir claramente que non nos dá igual, que non queremos ser valentes, queremos ser libres.
CORRELINGUA CON LUCIA ALDAO!
Entre todxs reflexionamos sobre a lingua e fixemos aportacións para o manifesto do CORRELINGUA.Tamén tivemos ocasión de facerlle unha pequena entrevista na nosa radio! Podedes escoitala en Radio emBRION!:
luns, 22 de novembro de 2021
xoves, 18 de novembro de 2021
A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE CONSTRUCIÓNS!
luns, 15 de novembro de 2021
MICRORRELATOS GAÑADORES NA VOZ DAS AUTORAS
As autoras dos microrrelatos gañadores no concurso de Microrrelatos de medo organizado no Samaín achegáronse aos estudios de Radio emBRION para lelos e que os poidamos escoitar nas súas voces.
Podes escoitalos en Radio em BRION premendo neste enlace
A que son arrepiantes?
venres, 12 de novembro de 2021
RETOS NO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA
martes, 2 de novembro de 2021
MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA
O mes de novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e a nosa non podía ser menos!
Imos celebralo con actividades diversas: comezamos cunha charla sobre o cambio climático e continuaremos durante todo o mes con actividades na biblioteca con retos semanais. Tamén temos unha selección de lecturas que seguro que vos interesan!