E facémolo cun traballo colaborativo de alumnado e profesorado: fixemos #chíoscontraaviolencia e tamén xurdiu un rap que gravamos no noso estudio de radio. Parabéns a alumnado e profesorado implicado. Moi orgullos@s de vós!
domingo, 24 de novembro de 2019
25N: CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA
Nós tamén nos sumamos ao berro deste Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
E facémolo cun traballo colaborativo de alumnado e profesorado: fixemos #chíoscontraaviolencia e tamén xurdiu un rap que gravamos no noso estudio de radio. Parabéns a alumnado e profesorado implicado. Moi orgullos@s de vós!
E facémolo cun traballo colaborativo de alumnado e profesorado: fixemos #chíoscontraaviolencia e tamén xurdiu un rap que gravamos no noso estudio de radio. Parabéns a alumnado e profesorado implicado. Moi orgullos@s de vós!
mércores, 13 de novembro de 2019
LECTURA E DEPORTE
Temos á túa disposición fantásticas lecturas que teñen como fío común o deporte, lecturas recomendadas polo Departamento de Educación Física.
Ademáis dos libros que podes vir buscar á biblioteca, tamén temos títulos que podes ver aquí: "El detective agonías" y "La bicicleta crecedera de Óscar"
martes, 12 de novembro de 2019
Aprender a traballar coa información

Para presentar correctamente os traballos e citar as fontes, seguimos estas indicacións
Para recoñecer as webs fiables, podemos ver este video
Para mellorar a nosa seguridade na rede, temos este recurso en vídeo tamén
Para aprender a investigar, podemos consultar esta páxina de Es de libro
E se queres ser un experto/a no tratamento da información, podes utilizar estes materiais elaborados por Glòria Durban.
Tamén utilizamos materiais elaborados por outros centros:
- Procura en Internet do CEIP Canosa-Rus (podes ver a fantástica infografía na imaxe)
- Guía de investigación na rede do CEIP Víctor Sáenz
- Investigación e tratamento da información da Biblioteca do IES Eusebio da Garda
- E outros moitos recursos que as bibliotecas dos centros poñen á disposición da comunidade compilados na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares e que podes atopar aquí
Hypatia, sabes de quen falamos?
A nosa radio: radio emBrión
A nosa radio EmBrión volve ás ondas un ano máis!
Xa temos moitas candidatas e candidatos a formar parte do equipo técnico... pero agárdanos moitas sorpresas... queres unirte a nós?
Vén á biblioteca e pregúntanos.

Presentamos o noso club de lectura : Libriones@s
Celebramos o Samaín!
O 30 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto, participando en xogos populares e comendo moitas castañas!
Ao comezo da xornada, anunciáronse os premios de relatos de medo e de decoración de cabazas.
A gañadora á cabaza mellor decorada foi Sarela Rodríguez Pérez de 1º, mentres que na categoría de relatos houbo 3 premios: Antela Casas Cabaleiro co 3º posto, Gabriel Ramos Caamaño coa prata, e
Antía Noya Fernández, María Dubert Trillo e Noa Sixto Bermúdez co gran premio.
Despois, a rapazada de 1º, 2º e 3º da ESO disfrutou das actividades dirixidas polo alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato: a Mariola, os bolos celtas, as chaves, a corda, a rá e o brilé, entre outras.
E para rematar a mañá, o mais importante: as castañas!
Neste video podedes ver un breve resumo do ben que o pasamos!
Ata o próximo ano!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)